Juan Berrio. Valladolid, 1964
Viñetista, fotógrafo e debuxante. Os seus traballos publicáronse en Business Week, News Week, L’expansion, Marie Claire, GQ, Quo, Jot Down, El País, El Periódico de Catalunya e ABC, entre outros. Autor de máis de 25 títulos, incluídas novelas gráficas, libros infantís e libros ilustrados. En 2011, foi finalista do Premio Nacional do Cómic co álbum Dentro de nada. En 2012, gañou a V Edición do Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac/Sins Entido, con Miércoles.
A palabra que mellor define o mundo real de Juan é discorrer e a que mellor describeo seu mundo imaxinario, conectar.
Leva contigo as Historietas Xacobeas!
Porque sabemos que o Camiño de Santiago é moito máis que o propio camiño, nesta sección podes conseguir as suxestivas imaxes que os artistas crearon para a ocasión, as historietas e os carteis xacobeos.

Stickers das Historietas Xacobeas
Seguro que entre estas imaxes atoparás mil formas de compartir a túa experiencia no Camiño.