Web oficial do acontecemento

Cambia a web ao estilo
dos autores de

Historietas xacobeas

COMO PARTICIPAR?

O noso desexo é facer do Xacobeo 2021 un acontecemento dinamizador e modernizado, cun programa conmemorativo que se fixou estes obxectivos:

· Salientar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

· Convidar ao diálogo sobre o que representa este grande Itinerario Cultural Europeo.

· Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística nacional contemporánea.

· Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.

· Fomentar o coñecemento do variado patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre a xuventude.

 

Imaxe: ©Ana Martín-La Central

Como participar — Xacobeo21 | Xacobeo21

Presenta o teu proxecto

O teu proxecto pode formar parte do programa oficial do Xacobeo 2021, anímate a presentalo na Sede electrónica do Ministerio de Cultura e Deporte.

Se queres coñecer os plans e programas do Ano Santo Xacobeo 2021, fai clic aquí.

Programa de Beneficios Fiscais

O Ano Santo Xacobeo foi declarado “Acontecemento de Excepcional Interese Público” na Lei 6/2018 de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, por iso conta cun programa especial de beneficios fiscais, cunha duración ata o 30 de setembro de 2021.

Se a túa empresa está interesada en colaborar co acontecemento, tes a información sobre os beneficios fiscais aos que podes acollerte, o procedemento para solicitalos e o uso da marca Xacobeo 2021, facendo clic nesta ligazón.

Solicitude ante o Consello Xacobeo da Certificación acreditativa da adecuación dos gastos realizados aos Obxectivos e Plans do Programa do Acontecemento de excepcional interese público «Año Santo Jacobeo 2021».