Web oficial do acontecemento

Cambia a web ao estilo
dos autores de

Historietas xacobeas

ANO XACOBEO 2021 E OS ANOS XACOBEOS

 

O Ano Santo compostelán é un momento de grande importancia para un crente e o punto culminante de todo o que representa o propio Camiño de Santiago.

A súa orixe é baixomedieval e, dende entón, ano santo compostelán é aquel no que o 25 de xullo (festividade do apóstolo Santiago) cadra en domingo. Este feito sucede un total de 14 veces cada século.

O Xacobeo 2021 condensa a gran dinamización cultural, social e turística que se xera ao redor dun acontecemento desta magnitude, presentado como unha grande oportunidade para materializar e divulgar os nobres valores do Camiño de Santiago, ademais de impulsar o seu papel como factor rexenerador do territorio. Cómpre sinalar que o Ano Xacobeo 2021 está tipificado como un acontecemento de excepcional interese público.

O Ano Xubilar Compostelán ten unha duración de doce meses: inaugúrase o 31 de decembro do ano anterior coa apertura da Porta Santa e esténdese durante os doce meses seguintes. Este período representa unha oportunidade para a renovación e purificación espiritual.